ATLÁNTICO
Para nós é un temporal. Coma sempre.. .aínda que sí.. non deixa de ser algo similar a unha explosión, pero que se alonga no tempo, que non cesa.
Todo voa ao teu carón, e a distancia resulta absurda se a medimos en unidades de tempo. E o tempo, é o tempo.. o que te leva chegar a casa tentando buscar atallos máis longos pero nos que te sintes a refuxio; lonxe dos avisos que din que hai perigo de que caian ramas, e que por iso, os parques da cidade están pechados.
Esta noite cae o ceo, literalmente… e os obxectos arrebólanse indolentes coma nun demos sen demiurgo que os ordene…
a onde me leve.. a onde me leve…. o vento… Pero non arrecia… e pasan as horas…
Despoxos orgánicos ou non, amontónanse nos soportais construíndo remuíños, coma derviches coa cabeza descuberta.
Contáronme historias de lobos.. no Leon dos anos 30: o bo de Justo Andrés..
foron perseguidos por eles varias veces, e soamente podían escoitar as pisadas entre as follas, como eu esta noite, de camiño a casa.. na procura do atallo máis lonxe que me permita permanecer no solo, sen (saír voando) polo aire
porque voar é doado en noites coma esta, mais… non sabes cómo goberna o vento.
Xa na casa, os lobos agardan fora. Golpean nas xanelas. E o vento oubea coma “un pregón da norte”.
Mete medo.. e as pingas de choiva golpean forte, forte na galería..(Mentres a flota permanece amarrada, con medo a que as quillas amanezan boca arriba.
Nas próximas horas, disque pasaremos de 120 km/h.
Espertarei, seguro, de madrugada… encollido no meu edredón e comprobando que meu patio de luces é a caixa de pandora de onde xorden todos os males…..
e mañá á mañá…. as imaxes dos xornais coa súa intransixencia pretenderán facernos comprender o que estivemos a sentir esta noite, loitando contranatura por non caer, por non golpearnos, por non sair voando como aquelas vacas norteamericanas.
mais os que hoxe nos deixamos engatusar, sabemos o por qué.
que eiquí e agora, eu xa estou dentro, e a tolemia está fora.
tranquilo, sereno..esférico ..
estamos no ATLÁNTICO….. e hoxe temos vento SUR.